InicioM.ambiente e PatrimonioA Coordinadora Ecoloxista alegará contra o novo proxecto mineiro para Salave, en...

A Coordinadora Ecoloxista alegará contra o novo proxecto mineiro para Salave, en período de consultas

A Dirección Xeral de Minas do Principado de Asturias fixo público o documento inicial presentado pola compañía, no que se formula unha mina subterránea con actividade durante 14 anos

Publicada o

- Advertisement -

A nova tentativa da mineira Black Dragon Gold para explotar o ouro de Salave, en Tapia de Casariego, avanza no seu trámite administrativo.

A Dirección Xeral de Minas do Principado de Asturias fixo público o documento inicial presentado pola compañía para que a administración determine o alcance do impacto ambiental.

As organizacións e persoas interesadas teñen ata o vindeiro 18 de setembro para presentar alegacións ao proxecto neste periodo de consultas previas.

Segundo consta no documento, a filial española da empresa, Exploraciones Mineras del Cantábrico, formula a extracción do mineral mediante minería subterránea. Estima un tempo de actividadade de 14 anos nos que movería unhas 9.800.000 toneladas de terra na contorna dos lagos de Silva.

ALTERNATIVAS PARA OS RESIDUOS

A actividade xeraría un depósito de residuos (materiais procedentes do primeiro tratamento do mineral) “entre 20 e 25 hectáreas de superficie situadas nas proximidades das instalacións principais”.

A empresa propón como alternativa “o seu vertido ao mar mediante un emisario submariño“, argumentando que “se trata dun procedemento empregado na industria non so mineira senon tamén papeleira. Pon como exemplos o emisario de Ence en Navia ou o da explotación mineira de Minersa en Ribadesella.

A COORDINADORA CRITICA A “PRÉSA” DO PRINCIPADO

A Coordinadora Ecoloxista d´Asturies criticou “a présa o Goberno asturiano en tramitar o alcance do estudo de impacto ambiental” que, asegura, “se presenta unha vez mais a ver se cola”.

“Non é a primeira vez que o Principado non escoita nin as alegacións presentadas, nin a oposición de gran parte dos veciños da zona, autorizando o proxecto mineiro, que acaba caendo porque non pasa os filtros ambientais doutras administracións”, expuxeron desde a organización que, xunto a colectivos veciñais e ecoloxistas, frearon os anteriores intentos de explotar os recursos auríferos da zona.

“A minería de ouro xera numerosos residuos no seu extracción e tratamento que hipotecan as zonas de explotación como se pode comprobar nas actuais minas asturianas, que acumulan residuos que van seguir con risco décadas para os colindantes”, aseguran.

PROTECCIÓN PARA OS LAGOS DE SILVA

O colectivo engade que “seguirá reclamando a protección dos lagos de Silva que seguen abandonados de forma intencionada polo Executivo asturiano, malia os seus valores naturais e históricos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...